Blogia
Andresadas

O deporte

Ese elefante ¿ A trompa? (Enlace á fotografía ó final do artigo)

A continuación ensínovos un interesante cadro realizado a partir do corpo dun xove. Nel, podemos ver de protagonista a un elefante, o cal está rodeado de cor azul, e cunha árbore de fondo, que sitúa ó elefante nun hábitat afín a súa especie. O elefante (cabe destacar que é de tipo africano, xa que é de cor gris) ocupa todo o abdomen do home, ademáis da pelvis e parte das súas extremidades. O detalle curioso e que máis chama a atención é o emprego do pene do rapaz, que neste caso simboliza a trompa do animal...

Insisto en saber que opinades das fotografías, e desta nova sección colocada na miña páxina, para ver se vai ter éxito, ou é millor que desista... A min páreceme unha sección un tanto cachonda e simpática, para romper un pouco o xeo e buscar unha perspectiva máis cómica do sexo e do sexismo... Porque os temas tratados non son para nada de risa...

Outra vez, Blogia xógame unha mala pasada, e non me deixa colocar a imaxe correspondente a este artigo... Desta maneira a dinámica do web blog non é a mesma... Aínda así, para os interesados coloco un enlace a vosa disposición: Clicade eiquí!

Aupa Arsenal! (Enlace á foto ó final do artigo)

Un mail dunha amiga de Santiago que se chama Beatriz, inspirou que colgara este artigo no web blog. Vemos, como no artigo do corpo humano coma arte, a esta muller, toda unha forofa do Arsenal, o equipo londinense. Quero que observedes con detemento a fotografía que opinades sobre ela e sobre este novo apartado da páxina. Baixo o meu punto de vista, isto é unha arte alternativa, e cada vez é maior a explotación deste tipo de pintura. Para algúns, só é a substitución do lienzo polo corpo humano. Para outros, algo máis. Non sei o éxito que terá, pero a moza realmente, merece telo. En breves, máis fotografías con connotacións sexuais.

Como non consego colocar a imaxe dende aquí, ofrezo un enlace para aqueles que queran ver a fotografía sen necesidade de ir ó blog en castelán: Clicade eiquí!

¿Sensualidade e seducción ou machismo?

¿Sensualidade e seducción ou machismo? De todos é coñecido que a muller no mundo do deporte ten un papel protagonista un tanto recente. A importancia dos deportes concéntrase principalmente no xénero masculino. Tan só se destaca ás mulleres cando logran unha medalla nos JJ OO, ou gañan un mundial ou un europeo en algun desorte de primeira liña ( se é secundário, apenas é mencionado)...

Doutra forma, a muller cumple un papel destacabel no desporte. Son mulleres aquelas que saen nos descansos e tempos mortos para bailar coa mascota da equipa local nos partidos de baloncesto, mentres os responsábeis de limpeza do pavillón pasan a fregona para pór o parqué a punto. Son mulleres aquelas que nas exposicións de automovilismo, xunto aos Ferrari e aos Porsche, encima do capó de cada un deles, a unha muller insinuante, de múltipis cambas e forma sedutora, que realiza uns movimentos que atraen a atención dos transeúntes e visitantes da feira. Son mulleres aquelas que portan un cartel co número de asalto no que están dous loitadores de boxeo, as cales van semiespidas, senn son espidas por completo...

¿Cando se pode considerar machismo e cando sedución?¿Parécevos normal que haxa este tipo de animación para os desportistas? Eu, tan só planteo unha cuestión que vostés deben responder...

Este artigo ven como inspiración dun visitante e un amigo que fai comentarios intelixentes e curiosos que nunca pasan desapercibidos... Grazas David... por aportar a túas ideas e opinións...